Páginas

miércoles, 9 de mayo de 2012

IX DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET


                                                                    
                                                       Santiago, 7 de maio de 2012

Benquerido director, presidente do Club ou presidente da ANPA:

O Grupo Correo Gallego organiza, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e co Concello de Santiago, o IX DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, que terá lugar o vindeiro 9 de xuño, no pavillón Multiusos Fontes do Sar.

Neste torneo poden participar todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 2000 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por equipo.

Nesta edición, debido as dificultades de financiamento, e co fin de manter activo este encontro deportivo, vémonos na necesidade de solicitar una cota de participación de 60 € por equipo para axudar a cubrir os gastos do evento.

Para preinscribirse terán que remitir a folla de preinscrición anexa (unha por cada equipo) debidamente cuberta ó número de fax 981-543804 ou ó correo electrónico minibasquet@elcorreogallego.es  antes do día  14-05-2012. É importante acompañar enderezo electrónico para facilitar as comunicacións.

 Unha vez recibida a preinscipción  confirmaráselle a participación do equipo. Deberá facer o ingreso na conta nº 2080 0300 89 3040142102, indicando o nome completo do equipo E ENVIAR O RESGARDO DE PAGAMENTO PARA FACER EFECTIVA A INSCRICIÓN.

Pola limitación propia das instalacións, o número de participantes é limitado e a INSCRICIÓN REALIZARASE POR ESTRITA ORDE DE CHEGADA.

Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en  xogos, en concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.

O Grupo Correo Gallego organizará o  transporte e a manutención de todos os participantes. A organización resérvase o dereito de excluír, o mesmo día 9, todos os equipos que non estean na idade establecida.

Unha vez finalizada a inscrición informarase ós equipos do percorrido dos autobuses que farán os traslados.

Esperando poder contar coa súa participación, saúdao atentamente.

                                                                       Jesús Cea Seoane

                                                           Presidente Agrupación Deportiva El Correo Gallego